Obxecto:
O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de TRES PEÓNS para o Concello de Mesía ao abeiro da subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña PEL CONCELLOS 2019. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.050,00 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. O contrato terá unha duración máxima de cinco meses e dezaoito días. As funcións propias do posto son, entre outras, a realización de tarefas de desbroce e limpeza dos parques e prazas públicas do concello, así como o mantemento dos viarios municipais mediante a limpeza, bacheo e outras reparacións varias así como traballos na rede de sumidoiros e nos accesos aos núcleos de poboación. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES para participar no proceso selectivo ata o 19.06.2019, inclusive.
Documentación:
Bases_proceso_selectivo_tres_peons.pdf - Publicado: 14/06/2019 - 08:24
Documentación Complementaria:
Lista definitiva admitidos-excluidos e convocatoria proba_seleccion peons - Publicado: 20/06/2019 - 14:39
Certificado resultado proceso selectivo - Publicado: 26/06/2019 - 09:43
Certificado nomeamento peóns - Publicado: 26/06/2019 - 09:43