BASES E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN PEÓN APROL RURAL 2020

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a contratación dun peón, que realizará labores de mellora forestal no municipio, ao abeiro da subvención concedida pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña denominada APROL RURAL 2020. A contratación realizarase baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.204,64 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. O proceso selectivo realizarase a través dunha oferta de emprego que se presentará na Oficina de emprego de Ordes conforme ás instrucións sinaladas na concesión da dita subvención.
Documentación: 
BASES PROCESO SELECTIVO PEON APROL RURAL 2020   -  Publicado: 26/06/2020 - 14:18
Documentación Complementaria: 
NOMEAMENTO PEÓN APROL RURAL 2020   -  Publicado: 03/07/2020 - 09:57