BASES E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE CATRO PEÓNS AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS REACTIVA 2021

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a contratación de catro peóns para a realización de obras e servizos mínmos municipais do Concello de Mesía ao abeiro do Programa PEL CONCELLOS REACTIVA 2021 da Deputación Provincial da Coruña. A contratación realizarase baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.108,33 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRAZO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PROCESO SELECTIVO ATA O 19.04.2021 INCLUSIVE.
Documentación: 
Documentación Complementaria: