Obxecto:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación de DOUS PEÓNS para o Concello de Mesía, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo co Real Decreto- Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo polo que se modifican as modalidades contractuais, e conforme ás bases do Programa PEL-CONCELLOS 2026 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia (BOP nº 197 do 15/10/2025) da Deputación da Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.424,50 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias .O PRAZO DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO DITO PROCESO SELECTIVO É DENDE O DÍA 16 AO 22 DE ABRIL DE 2026, AMBOS OS DOUS INCLUSIVE.
Documentación:
Documentación Complementaria: