Obxecto:
Ten por obxecto a presente convocatoria a contratación temporal dun/dunha monitor/a de tempo libre mediante contrato de obra ou servizo determinado. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.125,83 € brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. A duración deste contrato queda vinculada á baixa por maternidade da persoa que presta os seus servizos actualmente no concello de Mesía, de tal xeito que na data en que aquela se reincorpore ao seu posto, finalizará a duración do contrato. Tamén queda vinculada á subvención da Deputación Provincial da Coruña que o financia. A duración da baixa estímase en seis meses. As funcións propias do posto son, entre outras, a organización das visitas, elaboración da programación e realización das visitas guiadas, preparación e realización dos talleres-obradoiros, elaboración de fichas de ruta, dinámicas e actividades no medio natural das Brañas da Valga, apoio na educación medioambiental e turística, elaboración de folletos e outros para divulgación de información da Aula-Museo, etc.
O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo remata o 12/11/2021.
Documentación:
CONVOCATORIA_PUBLICACION BOP_05/11/2021 - Publicado: 05/11/2021 - 08:40
Documentación Complementaria:
BASES_PROCESO_SELECTIVO_CONTRATACION_MONITOR-A_TEMPO_LIBRE.pdf - Publicado: 05/11/2021 - 09:17
ANEXOS.pdf - Publicado: 05/11/2021 - 09:17
APROBACION_LISTA_PROVISIONAL_ADMITIDOS-EXCLUIDOS_PROCESO_SELECTIVO_MONITOR-A TEMPO LIBRE - Publicado: 17/11/2021 - 11:02
APROBACION_LISTA_DEFINITIVA_ADMITIDOS-EXCLUIDOS_PROCESO SELECTIVO_NOMEAMENTO TRIBUNAL_CONVOCATORIA PROBA - Publicado: 24/11/2021 - 13:33
CERTIFICADO_PUNTUACIONS_PROCESO SELECTIVO_MONITORA TEMPO LIBRE - Publicado: 29/11/2021 - 14:53
CERTIFICADO_NOMEAMENTO E LISTA RESERVA_MONITORA TEMPO LIBRE - Publicado: 02/12/2021 - 14:59