BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

Obxecto: 
Ten por obxecto a presente convocatoria a contratación temporal dun/dunha TRABALLADOR/A SOCIAL mediante contrato de obra ou servizo determinado para substituír á titular do posto mentres dure á súa baixa, e crear así mesmo unha bolsa de emprego para cubrir baixas de xeito temporal. A xornada de traballo é de 37,50 horas á semana e o salario é de 1.922,56 € brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. A duración deste contrato queda vinculada á baixa da persoa que presta os seus servizos actualmente no concello de Mesía, de tal xeito que na data en que aquela se reincorpore ao seu posto, finalizará a duración do contrato. O prazo para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo comeza mañá, 25/01/2022, e remata o 31/01/2022.
Documentación: 
Anuncio_convocatoria_BOP.pdf   -  Publicado: 24/01/2022 - 09:41