BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA TÉCNICO DEPORTIVO

Obxecto: 
Ten por obxecto a presente convocatoria a contratación temporal dun/dunha técnico deportivo mediante contrato de obra ou servizo determinado. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.819,22 € brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. A duración deste contrato quedará vinculada á baixa por maternidade da persoa que presta os seus servizos actualmente no Concello de Mesía, de tal xeito que na data en que aquela se incorpore ao seu posto, finalizará a duración do contrato. A duración da baixa é dende o 30 de marzo de 2022 e estímase en nove meses. O prazo para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo comeza mañá, 03/03/2022, e remata o 09/03/2022, ambos os dous inclusive.
Documentación: 
ANUNCIO CONVOCATORIA BOP NUM. 41 DO 02/03/2022   -  Publicado: 02/03/2022 - 08:24
Documentación Complementaria: