BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRES PEÓNS_PEL CONCELLOS 2022

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de TRES PEÓNS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa PEL-CONCELLOS 2022 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos mínimos municipais nos concellos da provincia . A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.125,83 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. A duración do contrato é de cinco meses. O prazo de solicitudes para participar no dito proceso selectivo é do 23 ao 25 de marzo de 2022, ambos os dous inclusive.
Documentación: 
Publicacion_convocatoria_BOP.pdf   -  Publicado: 22/03/2022 - 08:01
Documentación Complementaria: 
Bases_contratacion_peons_PEL_CONCELLOS_2022.pdf   -  Publicado: 22/03/2022 - 08:01
Anexos.pdf   -  Publicado: 22/03/2022 - 08:01