Obxecto:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción, prevista no artigo 15.1. do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2022 da Deputación Provincial. As funcións propias do posto son a vixilancia e salvamento nas piscinas municipais do Concello de Mesía. A duración do contrato é dende o día 20 de xuño ao 31 de agosto de 2022, ambos os dous incluídos. O prazo de presentación de solicitudes é dende o 12 ata o 18 de maio do actual, ambos inclusive.
Documentación:
Anuncio_convocatoria_proceso_selectivo_socorristas_BOP_89_do_11-05-22.pdf - Publicado: 11/05/2022 - 08:12
Documentación Complementaria:
Bases_proceso_selectivo_socorristas_2022.pdf - Publicado: 11/05/2022 - 08:12
Anexos.pdf - Publicado: 11/05/2022 - 08:12
APROBACION LISTA ADMITIDAS-EXCLUIDAS, NOMEAMENTO TRIBUNAL E DATA VALORACION MERITOS_SOCORRISTAS 2022 - Publicado: 27/05/2022 - 13:21
DECRETO_209-2022._NOMEAMENTO_SOCORRISTAS_CAMPANA_VERAN_2022.pdf - Publicado: 17/06/2022 - 09:14