BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS/DÚAS SOCORRISTAS

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción, prevista no artigo 15.1. do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2023 da Deputación Provincial. As funcións propias do posto son a vixilancia e salvamento nas piscinas municipais do Concello de Mesía. A duración do contrato é dende o día 20 de xuño ao 31 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos. O prazo de presentación de solicitudes é dende o 8 ata o 12 de xuño do actual, ambos inclusive.
Documentación: 
Bases_convocatoria_proceso_selectivo_socorristas_2023.pdf   -  Publicado: 07/06/2023 - 07:56
Documentación Complementaria: 
Anexos.pdf   -  Publicado: 07/06/2023 - 07:56