Obxecto:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación dun/ha educador/a infantil, que prestará o servizo de atención educativa e asistencial aos/ás nenos/as de 3 meses a 3 anos no Punto de Atención á Infancia Os Camiños, e a elaboración dunha bolsa de emprego. A contratación realizarase baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.168,18 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRAZO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PROCESO SELECTIVO ATA O 20.08.2020 INCLUSIVE.
Documentación:

Documentación Complementaria:








