Obxecto:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación dun peón para labores de mellora forestal no Concello de Mesía, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo co Real Decreto- Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo polo que se modifican as modalidades contractuais, e ao abeiro das bases da subvención concedida “Aprol rural 2024” da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade de A Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.489,55 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.PRESENTOUSE A CORRESPONDENTE OFERTA DE EMPREGO NA OFICINA DE EMPREGO DE ORDES seguindo as instruccións da resolución da dita subvención.
Documentación:
Documentación Complementaria: