BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PEON_PROGRAMA APROL RURAL 2023

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo coa disposición adicional 9ª do Real Decreto Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Emprego, dun peón para labores de mellora forestal no Concello de Mesía ao abeiro da subvención concedida “Aprol rural 2023” da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de A Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.453,25 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRESENTOUSE A CORRESPONDENTE OFERTA DE EMPREGO NA OFICINA DE EMPREGO DE ORDES seguindo as instruccións da resolución da dita subvención.
Documentación: 
BASES_PROCESO_SELECTIVO_PEON_APROL_RURAL_2023.pdf   -  Publicado: 27/04/2023 - 09:59