BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PEÓNS/PEOAS_PROGRAMA APROL RURAL 2025

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a contratación de tres peóns/peoas para labores de mellora forestal no Concello de Mesía, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal vinculado a programas de políticas activas de emprego de acordo co Real Decreto-Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo polo que se modifican as modalidades contractuais, e ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025 establece as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) e procede a convocalas para o exercicio do ano 2025 e conforme á subvención concedida “Aprol rural 2025” do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de A Coruña en data 15/05/2025. O salario é de 1.526,79 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRESENTOUSE A CORRESPONDENTE OFERTA DE EMPREGO NA OFICINA DE EMPREGO DE ORDES seguindo as instruccións da resolución da dita subvención.
Documentación Complementaria: