BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO SOCORRISTAS CAMPAÑA VERAN 2025

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción de acordo co Real Decreto - Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2025 da Deputación Provincial. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.661,74 € brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO É DENDE O DÍA 14 AO 20 DE MAIO DE 2025, AMBOS INCLUSIVE.
Documentación: 
Convocatoria_publicada_BOP_13-05-2025.pdf   -  Publicado: 13/05/2025 - 08:24
Documentación Complementaria: 
Anexos.pdf   -  Publicado: 13/05/2025 - 08:24
Lista_proposta_nomeamento_socorristas_2025.pdf   -  Publicado: 03/06/2025 - 14:17