Obxecto:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción de acordo co Real Decreto - Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2026 da Deputación Provincial. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.861,74 € brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. O prazo de presentación de solicitudes para a participación no proceso selectivo é dende o 7 ao 13 de maio de 2026, ambos inclusive.
Documentación:
Documentación Complementaria: