ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO CONCELLO DE MESÍA

Obxecto: 
Bases que teñen por obxecto a regulación dos aspectos comúns dos procesos selectivos das convocatorias para a cobertura, polo procedemento de estabilización de emprego temporal da disposición adicional sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro, das prazas vacantes de persoal laboral fixo do Concello de Mesía, en execución da oferta de emprego público extraordinaria desta entidade local do ano 2022. Por Decreto da Alcaldía núm. 163/2022, do 20/05/2022, aprobouse a oferta extraordinaria de emprego público do Concello de Mesía para o ano 2022, para a estabilización do emprego temporal. A dita oferta publicouse no BOP núm. 98, do 25 de maio de 2022 e no DOG núm. 102, do 30 de maio de 2022. Por Decreto de Alcaldía núm. 494/2022, de data 14/12/2022, aprobáronse as bases xerais e específicas da convocatoria dos procesos selectivos de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022. As ditas bases publicáronse no BOP núm. 238, de 19 de decembro de 2022 e a súa convocatoria publicouse no BOE núm. 311, de 28 de decembro de 2022.
Documentación: 
BASES XERAIS E ESPECIFICAS_ESTABILIZACION_MESIA   -  Publicado: 16/06/2023 - 08:25