ITINERARIO DE PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN ESPECÍFICA

Obxecto: 
A Deputación Provincial da Coruña no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local está a programar o ITINERARIO DE PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN ESPECÍFICA. Este itinerario concíbese como unha oportunidade de prácticas profesionais de 760 horas, aproximadamente 6 meses de duración, para 15 mozas e mozos que buscan o seu primeiro emprego en postos relacionados coa formación académica ou laboral (certificado de profesionalidade de nivel 3) adquirida no sistema de educación regrada ou non regrada, en calquera da súas especialidades, fomentando así a súa empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas mozas desempregadas da provincia. PERSOAS BENEFICIARIAS: Todas aquelas persoas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que cumpran ademais os seguintes requisitos: - Ter cumpridos os 16 anos - Estar empadroado/a nalgúns dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña - Cumprir os requisitos de adscrición a este itinerario en concreto: Persoas mozas desempregadas da provincia, capacitadas académica e profesionalmente e con titulacións de Técnico Medio e Superior en Formación Profesional ou certificado de profesionalidade de nivel 3, Diplomadas e Licenciadas e/ou con Graos Universitarios, sen experiencia laboral no seu sector, de maneira que, coa mellora da súa empregabilidade, poidan situarse en mellores condicións para acceder a un posto de traballo, unha vez rematada a súa participación nelas. N.º DE BENEFICIARIOS: 15 PRAZAS. PRAZO INSCRICIÓN: ata o 21 de decembro de 2018 ás 14 horas. Máis información chamando ao concello ao 981687001.
Documentación: 
SOLICITUDE_DE_INSCRICION.pdf   -  Publicado: 29/11/2018 - 11:46