PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE TRES PEÓNS

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de TRES PEÓNS para formar parte da cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais do Concello de Mesía ao abeiro da subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña en virtude do Programa PEL CONCELLOS anualidade 2019. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.050,00 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRAZO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PROCESO SELECTIVO ATA O 23.05.2019, INCLUSIVE.
Documentación: 
Bases_contratacion_tres_peons.pdf   -  Publicado: 16/05/2019 - 08:34
Documentación Complementaria: 
Certificado resultado proceso de seleccion   -  Publicado: 04/06/2019 - 14:41
Acordo declaración deserto proceso selectivo peóns   -  Publicado: 05/06/2019 - 13:35