Ofertas de Emprego

  • RECOPILACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO PRIVADAS E PÚBLICAS NA ZONA QUE POIDAN RESULTAR DE INTERESE NA BUSCA DE EMPREGO
  • O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, DUN PEÓN para a realización de labores de mellora forestal no Concello de Mesía ao abeiro da subvención concedida pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña denominada APROL RURAL 2019. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.178,14 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias
  • O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, DUN PEÓN CONDUTOR para o Concello de Mesía. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.302,58 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias
  • Ten por obxecto a presente convocatoria a contratación temporal dun/dunha monitor/a de tempo libre mediante contrato de obra ou servizo cunha duración estimada dun ano, prorrogable outro ano máis. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.050,00 € brutos ao mes, incluida a parte proporcional das pagas extraordinarias.
  • A Deputación Provincial da Coruña no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local está a programar o ITINERARIO DE PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN ESPECÍFICA. Este itinerario concíbese como unha oportunidade de prácticas profesionais de 760 horas, aproximadamente 6 meses de duración, para 15 mozas e mozos que buscan o seu primeiro emprego en postos relacionados coa formación académica ou laboral (certificado de profesionalidade de nivel 3) adquirida no sistema de educación regrada ou non regrada, en calquera da súas especialidades, fomentando así a súa empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas mozas desempregadas da provincia. PERSOAS BENEFICIARIAS: Todas aquelas persoas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que cumpran ademais os seguintes requisitos: - Ter cumpridos os 16 anos - Estar empadroado/a nalgúns dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña - Cumprir os requisitos de adscrición a este itinerario en concreto: Persoas mozas desempregadas da provincia, capacitadas académica e profesionalmente e con titulacións de Técnico Medio e Superior en Formación Profesional ou certificado de profesionalidade de nivel 3, Diplomadas e Licenciadas e/ou con Graos Universitarios, sen experiencia laboral no seu sector, de maneira que, coa mellora da súa empregabilidade, poidan situarse en mellores condicións para acceder a un posto de traballo, unha vez rematada a súa participación nelas. N.º DE BENEFICIARIOS: 15 PRAZAS. PRAZO INSCRICIÓN: ata o 21 de decembro de 2018 ás 14 horas. Máis información chamando ao concello ao 981687001.
  • RECOPILACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO PRIVADAS E PÚBLICAS NA ZONA QUE POIDAN RESULTAR DE INTERESE NA BUSCA DE EMPREGO
  • RECOPILACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO PRIVADAS E PÚBLICAS NA ZONA QUE POIDAN RESULTAR DE INTERESE NA BUSCA DE EMPREGO
  • RECOPILACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO PRIVADAS E PÚBLICAS NA ZONA QUE POIDAN RESULTAR DE INTERESE NA BUSCA DE EMPREGO
  • RECOPILACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO PRIVADAS E PÚBLICAS NA ZONA QUE POIDAN RESULTAR DE INTERESE NA BUSCA DE EMPREGO
  • Despois do correspondente proceso selectivo para a contratación de dous peóns para a execución de obras e servizos mínimos municipais ao abeiro do Programa de Integración Laboral da Deputación Provincial da Coruña dirixido a concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o exercicio 2018, e segundo a convocatoria e as bases aprobadas por Decreto de Alcaldía de data 24.05.2018, publicase a resolución pola que se acorda a contratación dos ditos peóns..
  • Despois do correspondente proceso selectivo para a contratación de dous peóns para a realización da obra e servizo denominado "Labores de mellora forestal no Concello de Mesía" ao abeiro da subvención concedida pola Xefatura Territorial de Emprego, Economía e Industria da Coruña concedida pola Orde do 31.12.2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2018, e segundo a convocatoria e as bases aprobadas por Decreto de Alcaldía de data 08.06.2018, publicase a resolución pola que se acorda a contratación dos ditos peóns..
  • Resultado do proceso selectivo para a provisión de dúas prazas de peón dentro do Programa de Integración Laboral 2018. Segundo o establecido na base novena do proceso selectivo os/as aspirantes terán un prazo de dous días naturais para presentación das oportunas reclamacións. Fin do prazo 26-06-2018
  • Aprobar a lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección de dous peóns dentro do Programa de Integración Laboral, e convocar aos seleccionados á realización do exame e da entrevista, que tera lugar o vindeiro mércores 20 de xuño do actual, ás 10:00 horas na Casa da Cultura de Xanceda
  • Vista a renuncia presentada con data 06.06.2018 por don Iago Couto Viqueira, con DNI 79334311C, ao posto de socorrista para o que foi nomeado por Decreto de Alcaldía 181/2018 de 1 de xuño de 2018, para a realización do servizo de vixilancia e salvamento das piscinas municipais durante a tempada estival e trala proposta formulada polo tribunal cualificador. De conformidade co preceptuado no artigo 41.14.d) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, resolvese: Primeiro.- Aceptar a renuncia presentada por don Iago Couto Viqueira, con DNI 79334311C. Segundo.- Nomear persoal laboral temporal, para o posto de socorrista, dende o 21 de xuño ata o 2 de setembro do actual, a xornada completa e cun salario bruto mensual de 1.227,80 euros, a dona Paula Guerra Abruñeiras, NIF 44825229-T
  • No día de hoxe aprobouse, por Decreto da Alcaldía, a lista provisional de admitidos-excluídos para a selección de dous peóns. Segundo a base sétima da dita convocatoria "os aspirantes terán un prazo de 3 días hábiles dende esta publicación para a subsanación de deficiencias e/ou presentación de reclamacións" (ata o 12.06.2018 inclusive).

Páxinas