21 OUTUBRO: XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN CERÁMICA VEREA

Mér, 04/10/2017
PORTAS ABERTAS VEREA MESÍA

Informámolos de que Cerámica Verea, que está de 50 aniversario, celebrará o sábado 21 de outubro do actual unha xornada de portas abertas.

As visitas están dirixidas a todo o público que queira coñecer o proceso moderno de elaboración de tella cerámica. Horarios de mañá e de tarde. Prazas limitadas.

Para confirmar asistencia poden chamar a Cerámica Verea, ao 981 687 053, indicando en que horario prefiren asistir.

Máis información no cartel adxunto.