255 PARTICIPANTES NAS IX CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE MESÍA QUE DOMINARON: EVA DE LA FUENTE E AMADOR PENA

Dom, 04/08/2019
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019

O Concello de Mesía enorgullecese da participación e desfrute dos 255 deportistas que se deron cita nas nas Carreiras populares Concello de Mesía 2019 desenroladas o sábado 3 de agosto en Visantoña (Mesía), e quere agradecer as empresas colaboradoras e veciños/as pola súa indispensable colaboración para que estas carreiras fosen un éxito deportivo e de amizade.

A nivel deportivo (en ARQUIVOS) publicamos as táboas clasificatorias por carreiras e categorías; pero queremos mencionar especialmente aos campións da 12 K Eva de la Fuente e Amador Pena, así como a Celerino como corredor de maior idade. Agradecemos de novo a participación de 56 corredores nas categorías de base, 69 na carreira 6K e 130 na carreira 12 K. Ao rematar o evento fixeronse os sorteos e os pinchos para repoñer forzas.

Podedes ver o ÁLBUM COMPLETO de imaxes do evento no Facebook Deporte Concello de Mesia.

COLABORADORES: Carpintería Ramón García, Correr en Galicia, Coca cola, Argal, Restaurante Canaima, Restaurante Barreiros, Restaurante Avelino, Pascual, Clube Atletismo Ordes, Atlética A Silva, Cerámica Verea, Cerámica Campo, Panadería Visantoña, Panadería A Tilleira, Panadería Boga, Panadería Gende, Casa Zapateiro, Panadería Pedro Fernández, Panadería de Abellá, Panadería Pérez de Xanceda, Restaurante Manteiga, Grupo Presedo, Froitería A Nova, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho de Betanzos, Progando, Abanca, Eroski, Un amigo con fondo rojo, Protección Civil de Carral, Sigüeiro, Abegondo, e por suposto:  veciños de Olas, Visantoña e Mesía, e voluntarios/as.

Galería de imaxes: 
COLABORADORES IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019 Campión da 12 K
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019 Campioa da 12 K