27 DE DECEMBRO DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS

Mér, 16/12/2020
DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS - Concello de Mesia

Retomamos a solidariedade dende o deporte, achegando a posibilidade de intermediar con vós para colaborar ca  AECC (Asoc. española contra o cáncro) e con CÁRITAS para familias necesitadas da parroquia. Solo podemos recoller cartos nas furnas habilitadas para elo, xa que este ano non podemos coller alimentos fisicamente.

DATA DÍA DEPORTE SOLIDARIO: O domingo 27 de decembro nas Brañas da Valga de Visantoña de 11:00 a 18:00 h.

Reservaremos 1 hora a cada grupo/familia anotado. Faremos actividades de andaina, baile, xogos e visita ao Museo. Por tandas, sen mesturar grupos.

CARACT: Nesta xuntanza por grupos/familias presentaremos o 1º Circuíto Saudable Municipal deseñado para poder moverse ao aire libre pola vosa saúde. Vén a un día diferente de respiro!!

IMPORTANTE: Precisamos que vos inscribades (no 699453750) co voso horario preferente. Organizaremos así as tandas co distanciamento requirido polas normativas vixentes sen mesturar os grupos.

SOLIDARIEDADE: Xa estamos recollendo as vosas achegas na Casa da Cultura e as furnas estarán aqui ata o 24 de decembro. O 27 de decembro as 18 h. entregaremos as doazóns.