29 AGOSTO 1ª ETAPA: CAMIÑO DE SANTIAGO POR ETAPAS - CAMIÑO INGLÉS

Dom, 22/08/2021
CAMIÑO  DE SANTIAGO POR ETAPAS - CAMIÑO INGLÉS

Ampliamos o prazo de inscrición ata este mércores 25 de agosto. Chamando ao concello.

CARACTERÍSTICAS: Faremos en 6 ou 7 etapas o percorrido do Camiño Inglés desde Neda ata Santiago; cunha media de 15 quilómetros ao día (durante a mañán,  voltamos para comer).

1ª ETAPA: domingo 29 de agosto

     HORARIO: Saída do bus ás 8:00h. na praza do Concello (Xanceda).

     Iremos propoñendo varios domingos alternos de SETEMBRO -  OUTUBRO - NOVEMBRO.

     PREZO 5 € por etapa, a pagar o día da ruta. (Inclúe bus e guía).

     Para persoas a partir de 15 anos (menores deberán ir acompañados por adultos).

     IMPORTANTE: Levar roupa, calzado, bebida e comida adecuada.

     AVISO: Dependendo da meteoroloxía poderanse cambiar as datas.