30 XANEIRO DATA LÍMITE PARA SOLICITAR PRAZA NA CAMPAÑA DE ESQUÍ A MANZANEDA

Mar, 09/01/2018
CAMPAÑA ESQUÍ DEPUTACIÓN MESÍA 2018

O Concello de Mesía dispón de 3 prazas para ir á ESTACIÓN INVERNAL DE MANZANEDA na "CAMPAÑA DE ESQUÍ 2018” da Deputación da Coruña, dende o 9 ao 12 de marzo 2018, por 85 €.

Esta Campaña de inverno é para rapaces e rapazas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007. @s participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Manzaneda (Ourense) todo incluído, ademais dos cursos de esquí.

A publicación da Campaña pode verse clickando neste enlace.

INSCRICIÓNS:
No concello, con data límite o 30 de xaneiro de 2018. Adxuntamos o Tríptico con información da inscrición e da viaxe.

PRAZAS DISPOÑIBLES: 3 (en caso de ter máis solicitudes, o secretario realizará un sorteo no Concello o 31 de xaneiro as 09:00 h).