500 MAIORES CELEBRARON A XVIII FESTA DA TERCEIRA IDADE 2016 DO CONCELLO DE MESÍA

Dom, 15/05/2016
Maiores Comida 2016

O Concello de Mesía celebrou o sábado 14 de maio a súa XVIII FESTA DA TERCEIRA IDADE no Pavillón de Xanceda.

A Festa comezou, trala recollida dos maiores en autobuses, celebrando unha Misa  solemne. A continuación serviuse a Comida, rematando ca entrega de agasallos para os/as asistentes durante o café.  O baile, con actuación musical, durou ata que finalizou a Festa sobre as 19:00.

A asistencia foi de 500  maiores de 65 anos ou xubilados, con acompañantes.

 

Galería de imaxes: 
Corporación Maiores 2016
Misa Maiores 2016
Baile Maiores 2016