7 DE MAIO RUTA SAUDABLE DE SENDEIRISMO POLO RÍO MERCURÍN

Lun, 25/04/2016
PLANO DA RUTA

A Concellería de deportes do Concello de Mesía propón unha cita para moverse o sabado 7 de maio ás 9:30; será para facer unha ruta de sendeirismo chámada ROTEIRO DO RÍO MERCURÍN.

A saída e chegada será no Campo da feira de Ordes, enfronte do Eroski.

A ruta é sinxela/media con 15 quilómetros e transcorre polo Concello de Ordes, á beira do río Mercurín.

Importante: Levar calzado adecuado, auga, froitos secos/chocolate e chuvasqueiro/gorra se fose preciso.

A actividade é gratuíta e precisa de inscricción na Casa da Cultura ata o 5 de maio.

Mínimo de 15 asistentes.