8 SETEMBRO REMATA PRAZO PARA CURSOS DE COOPERATIVISMO DA MANCOMUNIDADE

Lun, 05/09/2016
CURSOS COOPERATIVISMO

Para darlle continuidade ás actuacións de difusión do cooperativismo realizadas pola Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes, durante o mes de setembro vanse poñer en marcha dúas actividades formativas nas que poderá inscribirse a poboación dos concellos de Cerceda, Frades,Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Estas actividades contan co financiamento da Xunta de Galicia.

Que cursos se van realizar?

Curso en liña: “O emprendemento cooperativo”

(30 horas) dirixido a persoas desempregadas, emprendedoras e a todas aquelas que teñan interese en coñecer o funcionamento das cooperativas. Neste curso abordaranse os seguintes contidos:

Curso en liña “Xestión de cooperativas”

(30 horas) dirixido ao persoal técnico dos concellos que realice labores de asesoramento para o emprego, a persoal de xestorías e asesorías así como a calquera outra persoa que queira coñecer a forma de xestión e organización das cooperativas.

Cando te podes matricular?

O prazo de matrícula para as dúas accións formativas estará aberto ata o 8 de setembro de 2016.

A inscrición é de balde e entregarase un diploma de asistencia a todas aquelas persoas que finalicen con aproveitamento o curso