8M MESÍA

Dom, 07/03/2021
8MMESIA - CONCELLO DE MESIA 2021

Para conmemorar o DÍA DA MULLER, o Concello de Mesía realizará diversas actividades:

  • VOTACIÓNS DURANTE O DÍA _8M_ DO CONCURSO:"FÓRMULAS PARA ACADAR A IGUALDADE": Mirade no facebook!
  • Publicaremos o VIDEO das fotos da campaña do ano pasado, “RETRÁTATE POLOS COIDADOS”,  en conmemoración a todas as mulleres que nos “coidan día a día” en moitos aspectos das nosas vidas . Grazas a todos/as que participastes ¡!
  • Nos colexios:

          - En primaria en Xanceda achegaremos OBRADOIRO DE CONTACONTOS CON PERSPECTIVA  DE XÉNERO da man de Carmen Conde de Tarabela teatro . 9 de marzo.

          - Nas unitarias teremos XINCANA DE CORRESPONSABILIDADE. Da man da empresa SIF. 12 de marzo.

          - Para secundaria informamos da Campaña que fai a Deputación no CPI Xanceda  #OitoM #MoitoPorCambiar: "Ao longo deste mes tamén queremos apoiar á mocidade no seu papel como axente de cambio, facilitándolle a mozas e mozos ferramentas e referentes para xerar discursos alternativos dende os que fomentar a igualdade e actuar ante o machismo e a LGBTIfobia. Farémolo a través do envío aos centros educativos dun material didáctico que incorporará entrevistas en vídeo a mulleres referentes no cruce das TICs cos feminismos, animando á mocidade a xerar contido orixinal co que amplificar a conversa nas súas redes."