ABERTA A CAMPAÑA DE VERÁN 2018

Ven, 27/04/2018
ACCIÓN DE VERÁN 2018

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2018.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de Verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Destacamos a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2018” para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 18 DE MAIO DE 2018.

Máis información clicando aqui: ENLACE A XUVENTUDE