ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE EQUIPOS PARA O X TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"

Lun, 04/12/2017
TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2016

Presentámosvos, dende o Concello de Mesía,  a DÉCIMA edición do TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA: MESÍA CONTRA O CANCRO que comezamos xa no 2008 ano transmitido a nosa solidariedade a favor da Asociación Española contra el Cáncer (AECC). A recadación que se acadou gracias á colaboración  e patrocino de empresas do Concello, á inscrición dos equipos, á venta de rifas, á doazóns particulares, etc, a recadación NA PASADA EDICIÓN FOI DE 2.787 €

O X Torneo MESÍA CONTRA O CÁNCRO xogarase o sábado 30 de decembro 2017.

Atención equipos aos prazos de inscrición, xa que será por riguroso orde de inscrición para 12 equipos. Farase comunicando a participación por mail á organización: elenarocamoro@concellodemesia.gal, por último, antes do 22 de decembro formalizarase esta inscrición cubrindo a Folla de inscrición.

4 DECEMBRO 2017: ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN. Hai 12 prazas limitadas!

22 DECEMBRO 2017: DATA LÍMITE INSCRICIÓN equipos, e data límite de envío do listado de xogador@s na Folla de inscrición.

Galería de imaxes: 
FOLLA INSCIRCION TMCC2017