ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE EQUIPOS PARA O XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"

Mér, 05/12/2018
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"

Presentámosvos dende o Concello de Mesía,  a UNDÉCIMA edición do TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA: MESÍA CONTRA O CÁNCRO que comezamos xa no 2008 ano transmitido a nosa solidariedade a favor da Asociación Española contra el Cáncer (AECC).

A recadación que se acadou gracias á colaboración e patrocino de empresas do Concello,tamén gracias as inscrición dos equipos, a venta de rifas, a doazóns de particulares, etc; en total a recadación NA PASADA EDICIÓN FOI DE 3.178 €.

O XI Torneo Mesía contra o cáncro xogarase o sábado 29 de decembro 2018 no pavillón de Olas.

ATENCIÓN equipos aos prazos de inscrición, xa que será por riguroso orde de inscrición para 12 equipos dende hoxe. Farase comunicando a participación por mail á organización: elenarocamoro@concellodemesia.gal. Por último, antes do 22 de decembro formalizarase esta inscrición presentando a Folla de inscrición e metendo 50 € na furna que está depositada na casa do concello.

5 DECEMBRO 2018: ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN. Hai 12 prazas limitadas!

21 DECEMBRO 2018: DATA LÍMITE INSCRICIÓN equipos, e data límite de envío do listado de xogador@s na Folla de inscrición.

Galería de imaxes: 
Presentacion do TORNEO para equipos 2018
FOLLA DE INSCRICIÓN TMCC 2018