ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN IV TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL SALA "MESÍA SOLIDARIA"

Lun, 10/12/2018

O venres 28 de decembro, durante a tarde, xogarase no Pavillón de Olas a IV edición do Torneo Infantil de fútbol sala "Mesía solidaria".

Este Torneo solidario de fútbol sala organizao novamente o Concello de Mesía para recadar ALIMENTOS PARA FAMILIAS NECESITADAS (para Cáritas da Comarca) e cartos a favor da ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, AMARAI, de Boimorto.

PREZO DA INSCRICIÓN e da ENTRADA:  1 Kg de comida por participante e persoa do público (lembrade que deben ser produtos non perecedoiros) e 1 € para doar a AMARAI.

Haberá tres categorías: MINI 6 a 8,  BASE 9 -11 e MAXI 12 a 14 anos. Para xogar na categoría superior, deberán ter autorización nos pais/nais ou titores.

AVISO: A categoría MINI xogarase MEZCLANDO a xogadores inscritos facendo equipos por colores, primando así a diversión ante o resultado.

Inscricións cubrindo a Folla adxunta, ata o 21 de decembro no mail: elenarocamoro@concellodemesia.gal

Máis info e fotos na web e facebook Deporte Concello Mesía.

Galería de imaxes: 
FOLLA INSCRICIÓN TORNEO INFANTIL 2018