O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Ulló-Río Samo II. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes en el colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.
As especialidades que se impartirán son:
Tarefas de repoboación forestal e tratamentos silvícolas
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego.
Todas aquelas persoas interesadas en participar deben ir, o máis axiña posible, á Oficina de Emprego de Ordes e comunicar que están interesados en participar no dito obradoiro de emprego.
Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.
Máis información en “Ler máis…”
Noticias
Mér, 02/10/2019 |
|
|
Ven, 20/09/2019 |
O proxecto ECORAXIA LAB formará gratuitamente a desempregados/as dos Concellos de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Abegondo, Arzúa e Melide e as súas correspondentes áreas de influencia que queiran emprender en agricultura ecolóxica. DATA PREVISTA DE INICIO o 25.09.2019. LUGAR: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar. |
|
Lun, 16/09/2019 |
A Consellería de Vivenda convoca axudas a mocidade para o alugamento de vivenda habitual. Os requisitos básicos son: ter menos de 35 anos e ser titular dun contrato de aluguer de vivenda, en condición de persoa arrendataria , con mención expresa da súa referencia catastral. En Ler mais tedes máis información |
|
Xov, 12/09/2019 |
Dentro do PROXECTO EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas da 2ª edición do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP) como formación complementaria. Toda a información do proxecto e documentación para a inscrición e documentación en Ler máis… |
|
Lun, 09/09/2019 |
Presentámosvos as actividades deportivas e culturais para este curso 2019 - 2020. Adxuntamos o boletín de actividades e a folla de inscrición, e avisamos que o luns 16 de setembro abrimos o prazo de inscricións. Comezamos as actividades e Escolas a semana do 30 de setembro 2019 e rematarán en maio/xuño 2020. Contamos con actividades para nenos/as dende 0 anos, pasando por xuventude, adultos e maiores: |
|
Ven, 30/08/2019 |
O Concello de Mesía informa de que, no día de hoxe, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña publicou no DOG núm. 164 o anuncio da Resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda 7138. Mási información en "Ler máis". |
|
Mar, 27/08/2019 |
Este curso è organizado polo CIM da Mancomunidade de Ordes e farase un en cada concello da Mancomunidade. O curso consta de varios módulos sobre aspectos sociais e laborais. Temporalización: En Mesía terá lugar do 12 ó 27 de setembro de 10:00 a 13:00 H. |
|
Mar, 27/08/2019 |
UNIDADE MÓBIL PARA DOAR DIANTE DO CONCELLO (XANCEDA) EN HORARIO DE 10,00 A 14,00 HORAS O MÉRCORES DÍA 28 AGOSTO, E ESE MESMO DÍA POLA TARDE DE 16,00 A 21,00 HORAS DIANTE DO BAR QUIQUE (MESÍA). |
|
Mér, 21/08/2019 |
Resolución da dirección xeral de Enerxía e Minas de outorgamento da concesión de explotación derivada do Permiso de Investigación “Xanceda”, Nº 7138 nos concellos de Frades e Mesía. Expediente: CE/AC/07138 Dereito: Xanceda Concellos: Frades e Mesía Núm. cuadrículas: 25 Solicitante: Explotación de Rocas y Minerales, SA Asunto: Proposta de resolución Procedemento: Concesión de explotación derivada Tipo de inicio: solicitude do interesado |
|
Lun, 19/08/2019 |
Por fin ven o bo tempo! xa podemos aproveitar as nosas piscinas para facer xogos de auga, tirarnos polos inflables acuáticos, facer xogos de auga e mezclarnos na festa da escuma. A Festa da auga será este venres 23 de agosto. Así que temos unha cita a partir das 16:00 nas Piscinas Municipais de A Mata en Xanceda, non faltedes!! |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- …
- seguinte ›
- última »