Noticias

Xov, 03/09/2020
Concello de Mesía 2020 CULTURA NA CAMPOSA - GRAMOLA GOMINOLA

Xa estamos preprando novas actuacións para 18 e 26 de Setembro e 3 de Outubro debido a boa acollida que están tendo.. Desta volta serán nas Prazas das parroquias.

Deixamosvos imaxes da última, deste sábado 29 de agosto, o Concerto de CULTURA NA CAMPOSA co divertido grupo de música infantil: GRAMOLA GOMINOLA. Esta actuación estivo encadrada dentro do programa da Xunta "CULTURA NO CAMIÑO" e realizada grazas a Gadis, Xacobeo e Xunta de Galicia.

Mar, 01/09/2020
Cartel Publicidade

Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020

Lun, 31/08/2020

Publícase a lista de admitidos/as e excluídos/as así como a lista de espera dos/as nenos/as que solicitaron praza para o Punto de atención á infancia "Os Camiños".

Dado o carácter extraordinario de solicitudes de praza este ano, ábrese un prazo dende o 1 ao 4 de setembro do actual, ambos os dous inclusive, para presentar a documentación complementaria no Rexistro Xeral do Concello de 8 a 15 horas. A non presentación da dita documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

A documentación complementaria que deben achegar é a seguinte:
– Certificado médico do/a neno/a.
– Carné de vacinacións actualizado ou das páxinas da libreta sanitaria infantil onde haxa anotacións.
– Fotocopia da tarxeta sanitaria.
– Catro fotografías tamaño carné.
– Certificado conta bancaria para domiciliación.
- Fotocopia compulsada da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar, ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
 - No caso de separación matrimonial ou ruptura da parella de feito con fillos/as: sentenza de separación/divorcio ou sentenza sobre medidas paterno-filiales.

En "Ler máis" pode ver a dita lista de admitidos/as excluídos así como a lista de espera. Tamén se adxuntan a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo e o Regulamento de réxime interno do Punto de atención á infancia municipal "Os Camiños" aprobadas provisionalmente e pendentes da súa aprobación definitiva.

Máis información chamando ao concello.

Lun, 24/08/2020
Concello de Mesía 2020 CULTURA NA CAMPOSA

Este sábado remataremos as actuacións de CULTURA NA CAMPOSA co divertido grupo de música infantil: GRAMOLA GOMINOLA

O espectáculo está encadrado dentro do programa da Xunta "CULTURA NO CAMIÑO" e  realizada grazas a Gadis, Xacobeo  e Xunta de Galicia.

Será o sábado 29 de agosto  ás 18: 00 h. no  Campo das piscinas municipais en Xanceda.

PARA INSCRICIÓN E RESERVA DE ESPAZOS: Importante chamar ao Concello 981 687 001 (ext. 3).

Ven, 14/08/2020
Concello de Mesía 2020 CULTURA NA CAMPOSA

Seguimos cas actuacións de CULTURA NA CAMPOSA  con  CULTURAACTIVA PRODUCCIÓNS e a sua obra de TEATRO  "SAABOR!".

O espectáculo está encadrado dentro da Rede cultural da Deputación da Coruña e  realizada grazas a Deputación da Coruña e ao Concello de Mesía.Tratase dunha comedia entre dous cociñeiros para facer un menú divertido.

Será o sábado 22 de agosto  ás 17: 00 h. no  Campo das piscinas municipais en Xanceda.

PARA INSCRICIÓN E RESERVA DE ESPAZOS: Importante chamar ao Concello 981 687 001 (ext. 3).

Xov, 13/08/2020

O Concello de Mesía convoca, mediante publicación no Boletín Provincial da Coruña núm. 129 de 13 de agosto do actual, proceso selectivo para a contratación de persoal para o Punto de atención á infancia: un/ha educador/a infantil e un/ha auxiliar de apoio.

O prazo para presentar a solicitude para a participación nos ditos procesos selectivos comeza mañá, 14.08.2020, e remata o 20.08.2020, inclusive.

Máis información nos seguintes enlaces:

http://www.concellodemesia.gal/servizos/emprego-formacion/ofertas-emprego/bases-e-convocatoria-proceso-selectivo-para-contratacion

http://www.concellodemesia.gal/servizos/emprego-formacion/ofertas-emprego/bases-e-convocatoria-proceso-selectivo-para-0

Mar, 11/08/2020
ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE VERÁN CONCELLO DE MESIA  2020

O Concello de Mesia comezou o 1 de xullo co Programa de verán 2020 para divertimento de adultos e rapazada no verán.

Lun, 10/08/2020
Concello de Mesía 2020 CULTURA NA CAMPOSA

Comezamos as actuacións de CULTURA NA CAMPOSA  con  XANPATITO PATIO  e o seu  espectáculo  "SÓ".

Esta primeira actuación será o venres 14 de agosto  ás 19: 00 h. no  Campo das piscinas municipais en Xanceda.

PARA INSCRICIÓN E RESERVA DE ESPAZOS: Importante chamar ao Concello 981 687 001 (ext. 3).

 

O espectáculo está encadrado dentro do programa da Xunta "CULTURA NO CAMIÑO" e  realizada grazas a Gadis, Xacobeo  e Xunta de Galicia.

Ven, 07/08/2020
PAI OS CAMIÑOS

O Concello de Mesía recibiu, da Xunta de Galicia, a autorización para o inicio da actividade do Punto de Atención á Infancia (PAI) o venres 31 de xullo do actual.

O Punto de Atención á Infancia do Concello de Mesía prestará unha atención educativa e asistencial a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos, de 8.00 a 16.00 horas, e conta cunha capacidade de 20 prazas autorizadas.

Estamos a traballar para que o PAI esté funcionando no mes de setembro, aínda que non podemos concretar a día de hoxe a data exacta.

Hoxe, 07.08.2020, en sesión plenaria, por unanimidade, aprobouse inicialmente o Regulamento de réxime interno do PAI e provisionalmente a Ordenanza polo establecemento da taxa pola prestación do servizo do PAI.

Para todas aquelas familias que queiran acceder aos servizos deste centro, abrimos un prazo extraordinario para a presentación de solicitudes. O prazo será dende o 13 ao 25 de agosto do actual.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 05/08/2020
CAMPA XOECON 2020 CONCELLO DE MESIA

Do 6 ao 31 de xullo trancorreron as 4 semanas de campamento no Concello de Mesía para que as familias puideran ter para os/as fillos/as unha actividade divertida e de conciliación de 09:30 a 14:00 h.

Realizáronse obradoiros, ximkanas, saída ao cine, días temáticos, xogos tradicionais, actividades predeportivas e xogos nas piscinas.

Tivemos visitas ao noso Campa:

Páxinas