Noticias

Mér, 01/10/2014

O Concello de Mesía informa de que desde hoxe xa se poden solicitar de novo permisos de queima de restos agrícolas ou de restos forestais amoreados. É unha decisión da Xunta, de acordo coa normativa vixente, unha vez rematada a época oficial de perigo alto de incendios forestais en Galicia. Toda a información en 'ler máis'.

Lun, 29/09/2014

O Concello de Mesía estrea hoxe as dúas curtametraxes elaboradas polos cincuenta nenos e nenas participantes nos obradoiros Xogar e Conciliar (XoeCon) do verán recén rematado. O obradoiro de videocreación, impartido por Illa Bufarda, baseouse en animacións con plastilina coas que se recrearon dúas narracións da tradición oral, sen esquecer a perspectiva crítica. As curtas son 'Un cesto de patacas' e 'A lenda do castelo da Pobra de Mesía'. Máis información en 'ler máis'.

Lun, 29/09/2014

O Concello de Mesía acaba de convocar as axudas ao transporte de estudantes para o curso 2014-2015. A convocatoria aparece publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes poden presentarse desde mañá martes 30 de setembro ata o venres 31 de outubro. As subvencións contan cun orzamento dispoñible de 5.400 euros. Cada unha delas poderá acadar un tope de 250 euros. Están dirixidas a estudantes que residan no municipio e cursen estudos de ensinanza secundaria ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Están excluídos os estudos superiores, como titulacións universitarias ou doutorados.

Lun, 29/09/2014

O Concello de Mesía acaba de convocar as axudas ao transporte de estudantes para o curso 2014-2015. A convocatoria aparece publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes poden presentarse desde mañá martes 30 de setembro ata o venres 31 de outubro. As subvencións contan cun orzamento dispoñible de 5.400 euros. Cada unha delas poderá acadar un tope de 250 euros. Están dirixidas a estudantes que residan no municipio e cursen estudos de ensinanza secundaria ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Están excluídos os estudos superiores, como titulacións universitarias ou doutorados.

Lun, 22/09/2014

'Os Bolechas e o Sabichón' chegan o vindeiro domingo 28 de setembro (18 horas) á Casa da Cultura de Mesía. Esta actuación, pensada para nenos e nenas a partir de tres anos, ten entrada de balde ata completar o aforo do auditorio. É preciso inscribirse previamente ata este venres 26 para confirmar asento. É unha actividade que está promovida polo programa de dinamización lingüística FalaRedes, do que forma parte o Concello de Mesía.

Xov, 18/09/2014

O Concello de Mesía abre desde hoxe, xoves 18 de setembro, o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2014-2015. Estes días están chegando a todos os domicilios do municipio os boletíns coa programación completa para que a cidadanía poida consultar as opcións que máis lle interesan. A oferta é ampla e variada e ofrece alternativas para a infancia, a xuventude, a poboación adulta e a terceira idade.
Pode consultar aquí a programación e descargar aquí a folla de inscrición. Non se admiten anotacións por teléfono. Máis información en 'ler máis'.

Mér, 17/09/2014

O albergue de peregrinos de Mesía, situado en Hospital de Bruma, recibiu hoxe a peregrinación de directivos da International National Trusts Organisation (INTO), unha entidade con presenza en 68 estados e uns sete millóns de socios. A visita, na que os acompaña o colectivo Tesouros de Galicia, integrante da INTO, ten a intención de promover o Camiño Inglés por todo o mundo. O Concello de Mesía, representado pola concelleira de Cultura, Pilar Sánchez, acolleu os peregrinos con produtos da gastronomía do municipio, explicoulles a historia do albergue e a singularidade territorial da parroquia de Bruma.

Sáb, 13/09/2014

Javier Tourís Fornos e María José Grobas Garaboa son os gañadores na proba xeral de doce quilómetros da Carreira de Mesía 2014, disputada hoxe sábado. Na Minicarreira, os primeiros postos foron para Amador Pena Torreira, na clasificación masculina, e para María Jesús Orgeira Rey, na feminina.

Pode consultar aquí o resumo das clasificacións de todas as categorías. Pode consultar esta galería de fotos, das que é autora Lucía Doval. Pode comentar a Carreira en facebook.

E pode solicitar fotos concretas que non atope por aquí no correo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.es

Novidade: clasificacións completas por categorías e clasificación xeral da Carreira e da Minicarreira.

Mér, 10/09/2014

O Concello de Mesía organiza unha excursión á comarca do Bierzo (León) para o sábado 18 de outubro. Ademais de coñecer Villafranca, capital histórica da comarca, os participantes visitarán unha adega e o 'Museo da Madeira' en Balboa. O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de outubro. Custa 25 euros por persoa, 28 para quen non estea empadroado no municipio de Mesía.

Lun, 08/09/2014

Este venres a mediodía remata o prazo para inscribirse na cuarta edición da Carreira do Concello de Mesía, que se disputa ao día seguinte, sábado 13 de setembro. A anotación é gratuíta, está aberta a participantes de toda idade e procedencia, e debe formalizarse no correo electrónico mjgrobas@hotmail.com. Existe unha proba xeral, a minicarreira e as carreiras das categorías de base.

Pode seguir o evento en facebook: https://www.facebook.com/events/1553448308199974/

Páxinas