ABERTO O PRAZO DE INSCRICION PROGRAMA CAMPAÑA DE NEVE 2022

Mér, 01/12/2021
CAMPAÑA DE NEVE 2022 DA DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo para inscribirse no Programa "CAMPAÑA DE NEVE 2022" da Deputación Provincial da Coruña. A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación de VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS).

DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 12 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2021. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

COTA DE INSCRICIÓN: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará na páxina web da Deputación da Coruña, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2022".

PRAZO INSCRICIÓN NO CONCELLO DE MESÍA: Ata o 14 de decembro de 2021.

NÚMERO DE PRAZAS ASIGNADAS A ESTE CONCELLO: 4 PRAZAS.

QUENDA: 3ª QUENDA a cal transcorre dende os días 28/01/2022 ao 31/01/2022.

Adxúntase tríptico/formulario de inscrición.


Máis información no seguinte enlace: https://www.dacoruna.gal/deportes/esqui-2 ou chamando ao concello ao 981687001.