ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA O CAMPAMENTO XOECON NADAL 2021 CONCELLO DE MESÍA

Lun, 06/12/2021
CARTEL CAMPAMENTO XOECON NADAL 2021 CONCELLO DE MESÍA

Características actividade:  Realizaranse as actividades propias do campamento como talleres culturais, bailes, cociña, xogos, etc. Precisan traer nunha mochila a merenda para media mañan asi coma botella de auga.

Datas:  días laborables do 22 decembro ao 7 de xaneiro.

Idades: nenos/as escolarizados/as de 3 ata os 12 anos.

Horario: 10:30 a 14:00 h. (Os/as participantes poderán entrar no campamento entre as 09:30 e as 10:30h. e contarán nese tempo con espazos supervisados polo monitorado para o xogo libre.)

Instalacións: Casa da cultura e CPI Xanceda.

Prazas: Limitadas, preferencia empadroados. Faranse grupos por idades.

Prezo: Gratuito. Hai que cubrir un anexo á inscrición que se vos facilitará o primeiro día de campamento.

Inscrición: ata o 17 de decembro.  É obrigatorio cubrir a Folla de inscrición do campamento, máis a de Autorizacións que atopades adxunta a esta nova. Entregar por mail: casadacultura@concellodemesia.gal ou presencialmente. 

Galería de imaxes: 
AUTORIZACIÓN E PERMISOS Campa Xoecon Nadal 2021
FOLLA DE INSCRICIÓN  Campa Xoecon Nadal 2021