ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DE EXPERIENCIA LABORAL

Ven, 20/01/2017
RECOÑECEMENTO CUALIFICACIONS 2017

O Concello de Mesía informa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 8, do 12 de xaneiro de 2017, e no DOG número 13, do 19 de xaneiro de 2017, dúas Ordes polas que abre o prazo para participar no procedemento de recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia.

Requisitos mínimos

Posuír a nacionalidade española

Ter 18 e/ou 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición (dependendo do tipo de competencia a solicitar).

Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:

Experiencia laboral: xustificar polo menos 2 anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total nos últimos dez anos e/ou polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total (dependendo do tipo de competencia a solicitar).

 Formación: xustificar polo menos 200 e/ou 300 horas nos últimos dez anos (dependendo do tipo de competencia a solicitar).

Non estar matriculado nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.

Información

Para máis información chamen ao concello ao teléfono 981 687 001 ao departamento de Emprego e promoción económica. En documento adxunto amlpliase a información.