ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016 DA DEPUTACIÓN, CON 3 PRAZAS PARA MESÍA DO 6 AO 11 DE MARZO

Ven, 08/01/2016

Estación invernal de LeitariegosO Concello de Mesía informa de que xa está aberto o prazo para solicitar praza na 'Campaña de esquí 2016' da Deputación da Coruña.

O Concello recomenda acudir canto antes a efectuar a solicitude, xa que o prazo máximo para que a Deputación reciba as inscricións e a documentación é o 22 de xaneiro. 

Poden participar rapaces e rapazas que nacesen nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.

As datas nas que se desenvolverá a actividade son desde o 6 ata o 11 de marzo. O emprazamento será a estación invernal de Leitariegos (León).

A Deputación asignoulle un total de tres prazas a Mesía nesta campaña. No caso de que as solicitudes superen esta oferta, as prazas serán outorgadas mediante sorteo público ante o secretario do Concello. 

A participación na actividade ten unha cota de 95 euros. Inclúe o transporte, a estancia e a manutención. A Deputación facilitará máis detalles do programa nas vindeiras datas.