ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLO/A, ADOPCIÓN E/OU ACOLLEMENTO DURANTE O ANO 2024
Lun, 29/04/2024
O Concello de Mesía aprobou o día 29/04/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 179/2024, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2024 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.
A axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.
A dita convocatoria foi publicado no Boletín Oficial da A Coruña núm. 108 o 05/06/2024.
O prazo de presentación de solicitudes comezará mañá día 6 de xuño e finalizará o 31 de decembro de 2024.
As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Máis información chamando ao concello ao 981687001.