ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO INFORMÁTICO ALUMNADO CURSO 2024-2025
Ven, 20/09/2024
O Concello de Mesía aprobou hoxe, 20/09/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 372/2024 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025 coa finalidade destas axudas é incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior tras a crise da COVID-19, de poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia, corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a igualdade na integración dos nenos e das nenas no sistema educativo.
As axudas están dirixidas ao alumnado que resida no concello e que estude educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional ou universitarios en centros públicos ou concertados no curso 2024-2025.
A contía para atender as solicitudes é de 6.000,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2024.
O prazo de solicitude destas axudas xa está aberto (Publicacion convocatoria no BOP núm. 186 do 26/09/2024) e finalizará o día 31/10/2024.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Máis información chamando ao concello ao 981687001.