ABRE PRAZO INSCRICIÓN PARA O IX TORNEO SOLIDARIO "MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2016"

Mar, 15/11/2016
VIII TORNEO CONTRA O CANCRO MESIA 2015

Presentámosvos, dende o Concello de Mesía,  a NOVENA edición do TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA: MESÍA CONRA O CANCRO que comezamos no 2008 ano transmitido a nosa solidariedade a favor da Asociación Española contra el Cáncer (AECC). A recadación que se acadou gracias á colaboración  e patrocino de empresas do Concello, á inscrición dos equipos, á venta de rifas, á doazóns particulares, etc, foi  O RECADADO NA PASADA EDICIÓN FOI DE 2.945 €

O IX Torneo MESÍA CONTRA O CÁNCRO xogarase os venres 23 e 30 de decembro 2016, a partir das 20:00, dada a complicación destas datas de Nadal.

Atención  equipos aos prazos de inscrición, xa que será por riguroso orde de inscrición para 12 equipos. Farase comunicando a participación por mail á organización: elenarocamoro@concellodemesia.gal, por último, antes do 16 de decembro formalizarase esta inscrición cubrindo a Folla de inscrición.

16 NOVEMBRO 2016: ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN. Hai 12 prazas limitadas.

16 DECEMBRO 2016: DATA LÍMITE INSCRICIÓN equipos, e data límite de envío do listado de xogador@s na Folla de inscrición.