ABREN AS PISCINAS MUNICIPAIS DE MESIA CUN PROTOCOLO DE SEGURIDADE POLA COVID-19

Mér, 01/07/2020
PISCINAS MUNICIPAIS MESIA 2020

As instalacións albergarán un máximo de 150 persoas, das que só 23 poderán coincidir na piscina de adultos e 10 na infantil.

A búsqueda de seguridade neste espacio de ocio marcará o resto de novas normativas da piscina para este verán, que se recollen no PROTOCOLO  DE SEGURIDADE POLA COVID-19 debido a medidas sanitarias que nos rodean neste verán 2020.

Haberá limitacións no aforo para garantir o DISTANCIAMENTO SOCIAL mínimo de 1,5 metros; así o acceso será: por orde de chegada, nun 90% para empadroados, en 2 quendas de tarde os días de moita demanda, delimitación zonas toallas, e con dúas persoas máximo nos vestuarios. Polas mañáns estará o vaso reservado con parte do aforo para as actividades municipais como Aprende a Nadar I e II, ata as 14:30 h.

Obrigado será tamén será o distanciamento na auga (con xente de fora do grupo que acuda as piscinas)..

Dentro do protocolo é obrigatorio: o uso de máscara nos espacios comúns (agás na auga), o uso de chanclas xa desde a entrada ao recinto,

Prohíbense: o acceso con síntomas de Covid-19 (haberá control da temperatura); prohíbese o uso das duchas interiores. Prohíbese a estancia apoiados nos valados ou no bordillo, etc.

Apertura das instalación en horario 12:00-21:00, a piscina infantil 15:00-21:00 h.

Animamos a cumprir a Normativa das piscinas e sobretodo o Protocolo (que desgranamos no anexo) pola seguridade dos veciños de Mesía. Con respeto polos demásis e con #sentidiño.