ACTIVIDADE DE “TEMPO FÓRA” PARA MAIORES DESDE A CASA

Xov, 25/02/2021
ACTIVIDADE DE  “TEMPO FÓRA”  PARA MAIORES DESDE A CASA - Concello de Mesía 2021

Despois de varias visitas os domicilios dos participantes para deixarlles actividades de entretemento queremos amosarvos que non estamos parados/as!!!!! a actividade está presente doutro xeito, velaí vai o vídeo a nosa xente traballando na casa arreo para non perder a costume, distraerse e manterse activos/as para fortalecer e rehabilitar a memoria. 

CLICA AQUI PARA VER O VÍDEO

Agardamos estar de volta moi pronto xa que a xente bota de menos a actividade presencial, a socialización cos/cas veciños/as é moi importante.

Moito ánimo para todos/as e como di o refrán: “Nunca choveu que non escampara”

Temos libriños de actividades para quen estea interesado/a: podedes solicitalos no concello ou no Teléfono: 699 453750.