AS ACTIVIDADES INFANTÍS E XUVENÍS DA SEMANA SANTA DE MESÍA OBTIVERON UNHA ELEVADA PARTICIPACIÓN

Lun, 06/04/2015

As actividades programadas polo Concello de Mesía durante as vacacións escolares de Semana Santa obtiveron unha elevada participación.

A que maior interese espertou foi a saída cultural e de ocio á Coruña, na que participaron oitenta persoas. Consistiu en pasar a mañá do 31 de marzo nas piscinas cubertas de Acea da Ama (Culleredo), que contan con atraccións como tobogáns e ondas artificiais, ademais de instalacións específicas para os máis pequenos. Xa pola tarde, despois de comer nun centro comercial, acudiron a unha sesión de cine infantil e xuvenil nunha sala na Coruña.

As actividades en inglés, para nenos e nenas de catro a doce anos, ofreceron xogos, dinámicas e outras propostas durante a mañá do mércores 1 de abril. Foron actividades coordinadas por monitores de fala inglesa. O 'Playing in English' fixo que os participantes aprendesen e practicasen o idioma, deixando de lado as reticencias e á vez divertíndose. Esta é a galería de imaxes das dúas actividades. Cada imaxe pode verse ampliada facendo clic sobre ela:

 

Galería de imaxes: