ACTIVIDADES MUNICIPAIS CONCELLO DE MESIA 2022 - 23

Mér, 14/09/2022
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CONCELLO DE MESIA 2022 - 23

Presentamos as actividades deportivas e culturais para este curso 2022 - 2023.

O prazo de inscricións será do 19 ao 28 de setembro, para ver se formamos os grupos propostos. (Necesario cumplir con este prazo para formar grupos!).

Comezaremos as Actividades e Escolas a semana do 3 de outubro 2022 e rematarán en maio/xuño 2023. Avisaremos se algunha actividade NON empezara.

Neste curso contamos tamén con actividades para nenos/as, pasando por xuventude, adultos e maiores.

   As escolas municipais infantís serán: Escola de baile e música galega, iniciación a patinaxe, patinaxe medianos, patinaxe artístico, baile e multideporte, xogos psicomotores e pequebaile, ximnasia rítmica, e tamén preescolar, pintura, informática e inglés en varios grupos. A novidade son as actividades de Predanza e Danza urbana, que impartirá a Compañía  SSN DANCERS na Casa da cultura.

   As actividades de xuventude, adultos e maiores: ximnasia de mantemento, pilates, aerobicZumba, ximnasia terapéutica, ximnasia de maiores, cachibol, tempo fora maiores, informática básica, escola de baile e música galega, e pintura.

  Tamén haberá actividades puntuais, e saídas que se informarán puntualmente nesta web ou no facebook concellodemesia.

A continuación adxuntamos os documentos en diversos formatos: un díptico resumo horarios, un documento con +Máis información por actividades, e a folla de inscrición.

A MOVERSE!!

Galería de imaxes: 
DÍPTICO ACTIVIDADES MUNICIPAIS CONCELLO DE MESIA 2022 - 23
HORARIOS CONCELLO DE MESIA 2022 - 23