ADMITIDOS/AS - EXCLUÍDOS E LISTA DE ESPERA NENOS/AS PARA A PRAZA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Lun, 31/08/2020

Publícase a lista de admitidos/as e excluídos/as así como a lista de espera dos/as nenos/as que solicitaron praza para o Punto de atención á infancia "Os Camiños".

Dado o carácter extraordinario de solicitudes de praza este ano, ábrese un prazo dende o 1 ao 4 de setembro do actual, ambos os dous inclusive, para presentar a documentación complementaria no Rexistro Xeral do Concello de 8 a 15 horas. A non presentación da dita documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

A documentación complementaria que deben achegar é a seguinte:
– Certificado médico do/a neno/a.
– Carné de vacinacións actualizado ou das páxinas da libreta sanitaria infantil onde haxa anotacións.
– Fotocopia da tarxeta sanitaria.
– Catro fotografías tamaño carné.
– Certificado conta bancaria para domiciliación.
- Fotocopia compulsada da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar, ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
 - No caso de separación matrimonial ou ruptura da parella de feito con fillos/as: sentenza de separación/divorcio ou sentenza sobre medidas paterno-filiales.

Achégase lista de admitidos/as excluídos así como a lista de espera. Tamén se adxuntan a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo e o Regulamento de réxime interno do Punto de atención á infancia municipal "Os Camiños" aprobadas provisionalmente e pendentes da súa aprobación definitiva.

Máis información chamando ao concello.