AGASALLO MÓVETE MESÍA: PROMOCIÓN POLA TÚA SAÚDE

Mar, 23/02/2021
AGASALLO MÓVETE MESÍA - Concello de Mesía

O CONCELLO DE MESÍA entregará unha mochila multifuncional de agasallo "MÓVETE MESÍA" a cada participante nesta promoción da actividade física e deportiva, que tan necesaria se fai nestes tempos.

Os pasos que debedes seguir son:

1) Envía unha imaxe facendo algunha actividades física ou deporte; especificando o nome, lugar e data: pode ser nas actividades municipais (en liña na actualidade), ou en calquera das instalacións deportivas municipais, ou identificando outro lugar onde o fagades (sempre que estea dentro do concello).

2) Envía ao mail: actividades@concellodemesia.gal

3) Mira a imaxe publicada no Facebook Deporte Concello Mesia

4) Achégate a Casa da Cultura polo agasallo.

 

Móvete Mesía, móvete pola túa saúde!

#PASAO

Galería de imaxes: 
PÁSAO - AGASALLO MÓVETE MESÍA - Concello de Mesía
Exemplo LAURA E CHUS EN CIRCUITO SAUDABLE VISANTOÑA FEBREIRO 2021
Exemplo DINA EN XIMNASIA MAIORES EN LIÑA XANEIRO 2021