APERTURA PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021-2022

Mér, 06/10/2021

O Concello de Mesía informa de que hoxe, 06/10/2021, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o extracto polo que se convocan as axudas para transporte escolar durante o curso 2021-2022.

O prazo para presentar as solicitudes comeza mañá día 7 ata o 29 de outubro de 2021, ambos os dous inclusive.

Máis información accedendo ao seguinte enlace:
http://www.concellodemesia.gal/servizos/noticias/bases-e-convocatoria-de-axudas-para-o-transporte-escolar-curso-20212022
ou chamando ao concello ao 981687001.